Site icon Crónica3.com A Mariña

“Ribadeo contra a violencia”: 5 minutos de silencio a partir das oito diante a Casa do Concello

Co gallo dos terríbeis atentados da pasada noite en París, onde ducias de persoas inocentes perderon a súa vida e outras tantas se atopan feridas en distintos graos, o Alcalde e o Goberno Municipal de Ribadeo convocan á toda a Corporación xunto con toda a cidadanía de Ribadeo a unha concentración silenciosa de cinco minutos de duración baixo o lema “Ribadeo contra a violencia”. Será ás oito desta tarde diante do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version