Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Ti víchesme o outro día’ obra gañadora no XVI certame de poesía Díaz Jácome para novos creadores

Mateo Buján Varela veciño de Mugardos foi o gañador do XVI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Ti vichesme o outro día”.

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra “Turxencia na pel” da que é autora, Antía Juncal Avendaño de Bueu.

Raúl Costas Pereira, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Actualidade”. Raúl Costas é de Nigrán.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 19 de decembro a partir das 12.15 horas da mañá. Despois da recepción oficial na Casa do Concello; a entrega de premios realizarase ás 12.30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Exit mobile version