Site icon Crónica3.com A Mariña

USO xa está rexistrado como seccion sindical de Alcoa San Cibrao pero sen presenza no Comite de Empresa

San Cibrao, 27 de novembro de 2015.- Cando empezou a USO, xa practicamente todos os sindicatos xa tiñan iniciado o seu plan para a campaña electoral e a iso achacan desde o colectivo sindical o non sacar un representante en Tecnicos Administrativos. Por agora, segundo explica José Manuel Piñar, “a nosa meta é deixar constancia de que en San Ciprian desde fai unha semaña, xa existe unha seccion sindical da USO, totalmente rexistrada e legalizada con dereito propio de ser informados e de comunicarnos coa empresa. Teremos (voz pero non voto), nas reunións transcendentes que afecten aos traballadores”.

Por este motivo, desde a USO agradecen os votos recibidos e o apoio dos compañeiros que deron o seu nome na súa candidatura, e póñense a dispor de todos os traballadores de San Cibrao.

Exit mobile version