Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre mantén a súa solvencia, con 5-1 ante Levante

chino-levante15Burela, 24 de novembro de 2015.- Vista Alegre reafirmou unha vez máis a súa solvencia outorgándolle ao Burela FS Pescados Rubén unha importantísima vitoria con 5-1 sobre o Levante UD DM, tres días antes de medirse ao titánico ElPozo Murcia (venres 27, 21.00 horas).

Antoñito tan só tivo que acariñar un balón desde a banda de Chano para subir no minuto 5 o 1-0. Os galegos ampliaron a renda chegando ao ecuador da primeira parte; Iago Rodríguez sentenciou en raso desde balón parado de Isi, aínda que segundos despois reduciu o Levante. O disparo afastado de Márquez despistó a Edu tras tocar levemente na defensa laranxa. O naronés impediu a igualada no minuto 12, fronte Márquez primeiro en galopada e despois ante Pichi.

Trala mellor ocasión dos laranxas, cun man a man de Antoñito con Yeray no 14, ambas escuadras alternaron dardos envenenados no 16; o disparo de Sena desde ao banda non atopou resposta ao segundo pau e marchouse polo fondo e Iago Rodríguez quedouse sen ángulo tras deixar a Yeray cravado ao bordo do área. A falta de pouco máis de dous minutos para o descanso, o pau evitou o empate do Levante na tentativa de rexeite de Chano fronte a Kiko Berrocal.

Na reanudación, ambas escuadras redoblaron forzas, cun xogo máis rápido e un Levante máis adiantado. Tralas tentativas iniciais dos visitantes, Jorge intentou sorprender cun disparo demasiad algo. Probou máis tarde Antoñito, tras asistencia de Chano, pero o balón foi a parar ás mans de Yeray. Edu fixo o propio desbaratando dous misiles de Hugo, no 26 e 27. Vista Alegre viviu alternativas de embestidas rozando a medianía da segunda parte, co naronés pletórico ante Jordi. Tras dobre axexo de Iago Rodríguez sobre a meta levantina sen éxito, Márquez se enfundó na camisola de porteiro xogador os últimos cinco minutos, ante unha férrea defensa local. Puxeron en continuos aprietos os de Daniel Ibañes ao Levante en contragolpe. Chano ampliou as distancias ata o definitivo 5-1, superando por arriba a Márquez baixo os paus a falta de 12 segundos para o final, e puxo o broche sobre a bocina desde propia pista.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Iago Rodríguez, Jorge, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Chano, Iago Míguez, Antoñito,
Levante UD DM: Yeray, David Ruiz, Márquez, Kiko Berrocal, Pichi, cinco inicial; tamén xogaron Sena, Hugo, Jordi, Oviaño, Cristian
Goles: 1-0, minuto 5, Antoñito; 2-0, minuto 9, Iago Rodríguez; 2-1, minuto 10, Márquez; 3-1, minuto 33, Chino; 4-1, minuto 39, Chano; 5-1, minuto 39, Chano
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castilla e León). Por Levante, amarela Jordi, Borja, Márquez, Kiko, Cristian, Sena, Yeray, Hugo
Incidencias: Partido correspondente á duodécima xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con preto de 900 afeccionados.

Exit mobile version