Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro impulsa o I Duatlón Cross Popular “Xuventude de Viveiro”

O vindeiro domingo, 29 de novembro de 2015, dentro da programación Ocio Alternativo 2015, terá lugar o I Duatlón Cross Popular “Xuventude de Viveiro”, actividade deportiva dirixida a todas tanto a adultos coma a nenos (poden participar os nenos nacidos no ano 2010 ou anteriores).

A proba desenvolverase nas inmediacións do Paseo Marítimo da Praia de Covas (os tramos de carreira a pé) e no Parque Pernas Peón (a sección de bicicleta). Haberá diferentes distancias segundo as categorías, a inscrición é gratuíta e para participar só é necesario e obrigatorio levar casco e bicicleta de montaña.

Esta actividade é unha mostra do compromiso do Concello de Viveiro coa xuventude, co deporte e coa promoción dunha forma de ocio alternativa e saudable.

A alcaldesa, María Loureiro, agradece a gran acollida que esta proba tivo entre os viveirenses, que se pode constatar polo elevado número de persoas inscritas, e deséxalles a todos os participantes que desfruten do día.

Exit mobile version