Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada en Burela sobre capturas accidentais de aves mariñas en Gran Sol

30 de novembro de 2015.- Este mércores 2 de decembro desde as 11:00 da mañá terá lugar en Burela, no Salón de Actos de Armadores de Burela S.A. (ABSA) unha “Xornada sobre Capturas Accidentais de Aves Mariñas en Gran Sol” organizada pola Organización de Productores Pesqueiros de Lugo (OPP-07-LUGO) conxuntamente con SEOBirdLife International.

A captura accidental de aves mariñas representa unha seria ameaza para estas especies en todo o mundo, e polo tanto a súa avaliación e minimización é un obxectivo importante para BirdLife International. A zona de Gran Sol identificouse como unha zona particularmente sensible neste sentido, especialmente no que concierne á flota de palangre demersal. Pese a iso, a información dispoñible é irregular e ata certo punto contradictoria. Neste contexto, o presente taller suscítase como un foro no que debater o problema directamente con todos os actores implicados, a flota de palangre de fondo en primeira instancia, e poñer en común as experiencias para mitigar o problema. Por unha banda desde BirdLife International, que ten ampla experiencia a nivel global, e por outro o sector pesqueiro vinculado a Gran Sol, onde nos últimos anos empezouse a buscar solucións a nivel local.

Exit mobile version