Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre morcegos e covas na Librería Bahía

Ás veces, o que temos máis perto é o que menos coñecemos… Este sábado 7 de novembro propoñen dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir… morcegos e covas. Por unha banda, as 12.00 horas presentarase o libro do biólogo Roberto X. Hermida, El dilema de Spalanzzani y otras historias curiosas de murciélagos, coa compañía da profesora Teresa Nécega. Posteriormente, Gonzalo Villarmea ofrecerá unha charla – proxección sobre as Covas do Rei Cintolo. Pola tarde, está prevista unha visita guiada ás Covas do Rei Cintolo. As actividades da mañá son gratuitas e libres. Pero, para a visita da tarde é necesario reservar praza na propia Librería Bahía -xa que son limitadas- por un prezo de 15 euros.

Exit mobile version