Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas “A compostaxe, experiencias prácticas” este venres 27 na Deputación de Lugo

Cartaz-XCL-2015-defLugo, 23 de novembro de 2015.- No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria.

Todos os proxectos son viábeis en calquera concello da Galiza, polo que estas xornadas son de especial interese para responsábeis municipais.

Neste foro asistirán expertos en residuos da Galiza e outras zonas do estado como Euskadi e Catalunya. Persoas e entidades cunha ampla experiencia na implantación de proxectos compostaxe caseira e comunitaria.

Programa
Venres 27 de novembro. Salón de actos da Deputación de Lugo

10:00h Presentación das Xornadas
Deputación de Lugo
ADEGA

10:15h Conferenza inaugural: novidades na xestión de residuos: Ramón Plana, mestre compostador

11:00h Pausa: café ecolóxico e de comercio xusto coa Cova da Terra

11:30h Mesa redonda. Experiencias de compostaxe en concellos:
Resultados do Porta a Porta. Secundino García, Alcalde de San Sadurniño
Compostaxe no horto infantil ecolóxico. Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo
Compostaxe caseira e comunitaria. Xosé Romero, Técnico de medio ambiente de Allariz
Compostaxe comunitaria en Navarra. Joseba Sánchez, Vermican

13:15h Videoconferenza: Experiencias de compostaxe. Gemma Nohales Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona

14:00h Xantar: petiscos ecolóxicos coa Cova da Terra

16.00h Mesa redonda e debate: experiencias de compostaxe
Compostaxe nos comedores universitarios da UDC. María R. Lafuente, ADEGA
Compostaxe de restos de parques e xardíns. Gregorio López, Concello de Compostela
Compostaxe de algas e restos de peixe. Marta Illera, USC campus de Lugo
Sábado 28 de novembro. Mancomunidade do Barbanza
(Lousame) e Luou (Teo)

Visitas á experiencias de compostaxe. Saída ás 9.30h da Avda Ramón Ferreiro (frente ao antigo Maxisterio de Lugo)
Planta de compostaxe da Manc. de concellos Serra do Barbanza
Fogar do Santiso*: máquina de compostaxe na hostelaría
Charla de compostaxe e uso de compost en horta ecolóxica: María R. Lafuente, ADEGA; Marcos Besada, A Estruga

*Opción de xantar ecolóxico no Fogar do Santiso por conta propia Durante todas as xornadas estará instalada a

Exposición sobre a compostaxe (11 rollers + 1 composteiro)

Organiza: ADEGA; Financia: Deputación de Lugo

Ligazóns
Semana Europea da Prevención de Residuos

Descargas
Ficha de inscrición XORNADAS
Cartaz e Programa XORNADAS COMPOSTAXE LUGO

Exit mobile version