
O Grupo Humorístico Trípode vén de actuar en Burela. Foi o pasado venres 6 de novembro dentro das actividades culturais programadas pola Delegación de Cultura do Concello de Burela cando representou o seu “Xuízo anticorrupción”. Neste mes de novembro ten previstas actuacións en As Nogais (domingo 15) e Xermade (sábado 28).