Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro amosa a súa satisfacción pola designación do municipio como sexto mellor destino de vacacións de Europa segundo The Telegraph

Viveiro, 30 de decembro de 2015.- A alcaldesa de Viveiro, en representación do Concello de Viveiro, quere mostrar a súa satisfacción pola noticia publicada na que se daba a coñecer que o diario británico The Telegraph sitúa ao municipio de Viveiro como sexto mellor destino de vacacións e entre os dez mellores destinos de praia de Europa. Cabe destacar que a presenza de Viveiro este ano na World Travel Market de Londres da resultados favorables para o turismo de Viveiro, agradecendo e destacando a labor realizada ao respecto pola Concelleira de Turismo, Marisol Rey.

Así mesmo, dar tamén parabéns ao hotel Ego xunto co restaurante Nito destacados tamén no diario británico The Telegraph polas súas características e que participa en que Viveiro sexa un destino turístico de referencia.

Exit mobile version