Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula CeMIT de Burela impartiu case 400 horas de formación desde o pasado mes de agosto

Burela, 29 de decembro de 2015.- A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela fai balance da súa actividade dende o pasado mes de agosto.

A Rede CeMIT continuou no 2015 co seu traballo de achegar ás novas tecnoloxías á cidadanía de Burela. Dende o mes de agosto impartiu un total de 32 cursos tecnolóxicos que se estenderon ao longo de 375 horas. Foron 318 os participantes que se beneficiaron destas actividades. Os cursos impartidos nestes 5 meses foron tanto de alfabetización dixital básica, iniciación á informática e internet, como outros máis avanzados de manexo de follas de cálculo, creación de montaxes de vídeo ou de procesador de textos. Ademais destes cursos tamén se celebraron os de mecanografía, retoque fotográfico, elaboración de presentacións ou os redes sociais, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.

Asemade, nestes 5 meses inscribíronse 94 persoas como usuarios da Rede CeMIT para poder aproveitar, sempre de xeito gratuíto, as instalacións e todas as actividades que oferta a aula de Burela.

Exit mobile version