Site icon Crónica3.com A Mariña

A Cámara de Comercio de Lugo conta con novos órganos de goberno

CONSTITUCION DEL PLENO DE LA CAMARA - SOL VAZQUEZLugo, 29 de decembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presidía este martes en representación do organismo tutelante a sesión constituínte do novo Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, que conta desde este martes con novos órganos de goberno tralo proceso electoral impulsado pola Comisión Xestora.

Na reunión do Pleno, do que forman parte 24 vogais, foi nomeado Xabier Díaz Díaz como novo presidente do ente. Tamén se procedeu á designación dos tres vicepresidentes: Jaime López Vázquez, que será tamén o secretario xeral; Modesto Teijeiro Valledor e Daniel Villapol.

Designouse así mesmo ao tesoureiro e aos vogais que forman parte do Comité Executivo da Cámara, tal e como se establecía na orde do día. Todos estes cargos foron elixidos por unanimidade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria agarda que o Pleno que vén de constituírse sexa un goberno estable capaz de afrontar os retos que plantexa a Cámara de Comercio de Lugo, e que esta contribúa a impulsar de forma efectiva a competitividade do tecido empresarial lugués.

Exit mobile version