Site icon Crónica3.com A Mariña

A coordinadora do grupo federal afrosocialista reunirase en Burela con asociacións de inmigrantes e inaugurará unha mostra na Casa da Cultura

Burela, 8 de decembro de 2015. A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza unha charla e a inauguración dunha exposición o vindeiro venres, 11 de decembro.

A edil Angélica Gómez explica que “ás 19.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello terá lugar unha xuntanza coas asociacións de inmigrantes do de Burela así como coa cidadanía en xeral, á que asistirá Consuelo Cruz Arboleda, coordinadora do grupo federal afrosocialista. Ela vainos expoñer os principias retos da cidadanía para a poboación inmigrante. Despois deste encontro a nosa convidada firmará no Libro de Visitas do Concello de Burela”.

A concelleira de Inmigración e Cooperación sinala que “logo deste acto, ás 20.00 horas, teremos a inauguración da exposición Memorias dun fotógrafo na Casa da Cultura. Esta mostra, amadriñada por Consuelo Cruz Arboleda, está feita por Luis Cristian Carabali Ferigra, artista de orixe ecuatoriano, afincado en Burela”.

Exit mobile version