Site icon Crónica3.com A Mariña

A EMMeD e os servizos sociais de Ribadeo repiten campaña de recollida de produtos típicos de Nadal

Ribadeo, 14 de decembro de 2015. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello, organiza un ano máis unha campaña de recollida de produtos típicos de Nadal, que irán destinados ás familias con escasos recursos da vila e das parroquias. A entrega poderá realizarse durante esta semana.

O director da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Hugo García, explica que “un ano máis desde a EMMeD, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello, repetiremos a campaña de recollida de produtos típicos de Nadal para repartir entre as familias con escasos recursos da vila e das parroquias”.

A entrega poderá realizarse ao longo desta semana: “poderanse entregar entre os días 14 e 18 de decembro na dirección do centro ou o propio día 19 no Auditorio Municipal”.

Hugo García engade que “é importante que cada quen, na medida das súas posibilidades, faga unha pequena achega a esta iniciativa”.

Exit mobile version