Site icon Crónica3.com A Mariña

A Orquestra Clásica de Xove celebra o seu 25 aniversario co Gran Concerto de Nadal

Xove, 22 de decembro de 2015.- O Concello continúa coas actividades programadas para este Nadal. Concretamente, para mañá, mércores 23 de decembro, a Concellería de Cultura ten programado o Gran Concerto de Nadal, que todos os anos organiza a Escola Municipal de Música, coa colaboración da Asociación Prestoxove.

Pero este concerto vai ser extraordinario, xa que se celebra o 25 Aniversario da creación da Orquestra Clásica de Xove, daí que o concerto leve o nome de “25 Anos de Musiqueo coa Orquestra Clásica de Xove”.

O concerto vaise desenvoler a partires das 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita para todos.

Ademáis disto, e previamente a este concerto, temos outro acto, xa que un grupo musical dos participantes vaise desprazar ata a Residencia da 3ª Idade San Bartolomé de Xove co fin de celebrar un pequeño concerto para tódolos residentes, na propia Residencia a partires das 18:00 horas.

Exit mobile version