As asociacións de Mondoñedo, Chantada e Guitiriz foron convidadas a participar nun proxecto pioneiro impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que ten por finalidade contribuír á dinamización do rural provincial mediante o apoio ás diferentes asociacións, entendendo que son axentes activos na transformación do territorio.
O proxecto iniciouse no mes de abril, e a partir de 42 mesas de traballo coñecéronse as problemáticas que afectan ás asociacións e colectivos veciñais, e definíronse, de xeito conxunto e participativo, as 53 actuacións que recolle o plan que se presentarán o luns, martes e mércores desta semana nas correspondentes localidades participantes.
Os tres actos de presentación son de portas abertas a veciñanza, pola que están convidadas todas as asociacións que tomaron parte, así como calquera persoa que desexe asistir.