Site icon Crónica3.com A Mariña

Abrapalabra con “Ra Ra Ra”, o sábado 12 de decembro ás 18.00 h. no Teatro Pastor Díaz de Viveiro

abrapalabraViveiro, 7 de novembro de 2015.- Sábado 12: Abrapalabra. Ra Ra Ra. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18.00 h
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 50 min
Público: Infantil 2 a 12 anos
Ficha artística: Ra Ra Ra
Autor: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Escenografía: Carlos Alonso
Deseño son: Manuel Riveiro
Deseño iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Manuel Riveiro
Elenco artístico: Beatriz Méndez; Carla Capeáns, Toni Salgado Víctor Mosqueira

Sipnose:
Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar.
Sinopse
Ra Ra Ra
fala de cando as rás,
moitísimo tempo atrás,
pola noite non cantaban,

porque tiñan medo
e deitábanse cedo.
Así que chegaban
as primeiras tebras
e, negras, pintaban
de sombras o río…
Que canguelo! Que arrepío!
Un divertido espectáculo no que dous actores e dúas actrices fan que as ras descubran que a noite non é tan escura.

Exit mobile version