Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA entrega os premios do V Premios polo Territorio de foto, relato e curtametraxes

adega-premios15Lugo, a 21 de decembro de 2015.- A asociación ecoloxista ADEGA entregou este luns os Premios da V Edición dos Concursos de Fotografía, Relato e Curtametraxe polo Territorio, que se enmarcan na campaña por unha ordenación sostible do territorio galego “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. A entrega dos galardóns tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo en presenza do delegado da Área de Cultura deste organismo provincial, Xosé Ferreiro Fernández, departamento que apoiou este proxecto desde o seu comezo no ano 2010.

Por tanto, é xa o quinto ano que ADEGA convoca estes concursos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta V edición dos Concursos de fotografías e de relatos e IV Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 51 fotografías de 21 participantes, 54 relatos de 54 participantes e 6 curtametraxes de 6 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Ourense, Corcubión, Ferrol, Lugo, Boiro, A Estrada, Abadín, Santiago de Compostela, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán…

A continuación indicamos cales foron as obras escollidas polos diferentes xurados como galardoadas e finalistas en 2015. Para visualizar as obras premiadas, só haberá que premer sobre os seus títulos.

V CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO
CATEGORÍA ADULTA: -Gañador: “Galicia no arame” de Rubén López del Pozo. Lugo. (200 Euros e Diploma). Pola eficaz e brillante composición e o retrato da situación do medio rural galego. -Finalistas:
• “Lourido e Pontevedra” de José Manuel Domínguez Ventín. Pontevedra. (Diploma).
• “Este ano nacerá un paxaro menos” de Sandra Lorenzo Rodríguez. Boiro. (Diploma).
• “Salvaxe” de José Marcelino Saavedra Martínez. Ferrol. (Diploma).

CATEGORÍA XUVENIL: Gañador: “Espérame no ceo” de Rocío Rego Sierra. Abadín. (150 Euros e Diploma). Pola composición, o tratamento da luz e o seu alto valor simbólico. Finalistas:
• “Tirador integrado” de Paulo Miguel Mouriño Pereiro. (Diploma).
• “As Catedrais 2.0” de Gemma Muíña Bermúdez. Ribadeo. (Diploma).
• “Ao límite” de Marcos Parada Gil. (Diploma).
• “Fuguémonos xuntos” de Rocío Rego Sierra. Abadín. (Diploma).

V CONCURSO DE RELATOS O LUGAR ONDE VIVO
CATEGORÍA ADULTA: Gañador: “Na Regueira de Xigonde” de Rafael Lobelle González. Chantada. (250 Euros e Diploma). Pola fondura, tratamento da língua, recoller perfectamente o espirito do certame e reflectir os sentimentos cara á terra. Finalistas:
• “Cando o silencio dorme” de Beatriz Pérez González. Ourense. (Diploma).
• “No bico do valado” de Iván García Calaza. Vilalba. (Diploma).
• “Anna” de Lourdes Abuide. Lugo. (Diploma).
• “Auroras forestais” de Adrián Casanova Chiclana. Monforte. (Diploma).

CATEGORÍA XUVENIL: Gañadora: “A praia dos meus recordos” de Sandra Ferreiro García. A Estrada. (200 Euros e Diploma). Por reflectir con sinxeleza e sen artificios o paso do tempo, o trato correcto da lingua e expresar con honestidade un desexo sinceiro: coidar da natureza e aprender a amala. Finalistas:
• “As flores sempre agardan á Primavera” de María Rozados Balboa. A Estrada. (Diploma).
• “A cidade ou a aldea?” de Patricia Iglesias Rey. Santiago. (Diploma).
• “Montaña da perdición” de Elías Brea Filloy. A Estrada. (Diploma).
• “O lugar que me fixo feliz durante 30 anos” de Carlota Neira Cao. A Estrada. (Diploma).

IV CONSURSO E TI QUE É O QUE VES?
CATEGORÍA ÚNICA: 1º Premio: “Máquina” de José Marcelino Saavedra Martínez. Ferrol/Lugo. (250 Euros e Diploma). Polo exquisito tratamento visual e musical facéndonos reflexionar sobre o mundo onde vivimos. 2º Premio: “A Costa da morte, o gran carnívoro sobrevivinte” de Francisco Javier Lema Fuentes. (150 Euros e Diploma). Pola dificultade do traballo e a denuncia trasladada no mesmo. Finalistas:
• “Un, dous, tres, resposte outra vez” de Pablo Iglesias e Kenya González. Lugo. (Diploma).
• “Carme” de Marisa Otero. (Diploma).

Exit mobile version