Site icon Crónica3.com A Mariña

Aniversario en Radio Burela

IMG_0636Burela, 11 de decembro de 2015.- O pasado xoves, día 10, no programa Parolando da Radio Burela, tivemos un entrañable aniversario. O noso técnico, Matías Nicieza, alma máter da emisora, cumpría anos. Coincidía cun coloquio entre rapaces para falar dos ideais e a forma de pensar da xuventude, e os rapaces asistentes eran vellos coñecidos de Matías, de maneira que todos arrimamos ombro para facerlle unha xornada agradable. Estaban Maka, Alma, Javier e Marco, e ó teléfono, dende Bruxelas, Sabela. Despois de falar un bo cacho sobre o que sente a xente nova e sobre os seus soños e aspiracións, improvisamos cun turrón unha pequena tarta que logo dividimos en cachos cunhas tesoiras (non tiñamos coitelo) e Marco Pereira cantoulle o “Cumpreanos Feliz” en portugués. Unha pequena homenaxe para un amigo que está volcándose dende hai xa bastantes anos por promocionar a cultura na nosa zona mariñá, en especial en Burela, a súa terra.

Exit mobile version