
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, participou os días 4 e 5 de decembro, en Olomouc, na República Checa nunha xuntanza do novo proxecto de asociación estratéxica “Networking on mobility and innovation in vocacional training”. Segundo explica Doural “abordamos unha problemática que hoxe en día estamos a vivir nos centros, qué o da formación básica, é dicir, cómo elaborar novos materiais que motiven ao alumnado e que supoñan un cambio de didáctica importante á hora de impartir coñecementos”. Trátase dun proxecto que se desenvolverá durante dous anos con outros cinco socios: de Estonia, de Croacia, da República Checa, de Francia e de Italia. A primeira xuntaza tivo lugar estes días en Olomouc, na República Checa, e á mesma asistiu Álvaro Doural.