Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobadas pola Deputación as obras na Ponte do Bizarro, o Centro de Saúde e a Casa da Cultura de Trabada

Lugo, 4 de decembro de 2015.- Tras conseguir o permiso legal necesario da Confederación Hidrográfico do Miño Sil e levar a cabo os traballos de desescombro, a xunta de goberno da Deputación aprobou pola vía de urxencia as obras de reconstrución da Ponte do Bizarro, no Concello de Trabada, para inicialas a próxima semana. Están dotadas de 175.000 euros e o prazo de execución é de 2 meses. Trátase dunha infraestrutura que caeu nos pasados días porque se construíu sobre outra ponte, que une Trabada con San Tirso de Abres e coa N-640.

A sesión tamén acordou melloras de 49.000 euros en estradas municipais no contorno do Pedregal de Irimia, en Meira; e de 41.600 euros no Centro de Saúde e na Casa da Cultura de Trabada.

Acordos enriba da mesa
Logo de que 13 Deputados acordasen trasladar ao Pleno a competencia de aprobar os plans sectoriais en materia de estradas provinciais e os procesos de expropiacións, a Xunta de Goberno tivo que deixar enriba de mesa informes sectoriais de Chantada, Mondoñedo e Vilalba, así como a expropiación para obras no núcleo de Torallo. A sesión aprobou pedir un informe aos técnicos provinciais para coñecer as limitacións da Xunta de Goberno ao respecto, así como nova documentación aos municipios afectados para saber a urxencia da aprobación destes trámites.

Exit mobile version