Lugo, 05 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou este sábado que o PP “é o único que ten un proxecto crible e realizable, o resto dos partidos só ofrecen incerteza”. Barreiro fixo estas declaracións nun almorzo con representantes do sector pesqueiro da Mariña.
O portavoz popular no Senado insistiu en que só Mariano Rajoy ten “un proxecto de país e un programa de Goberno e fronte a el están o PSOE e os experimentos”. “O único proxecto de Pedro Sánchez é chegar como sexa ao goberno e despois buscar un programa con calquera que lle apoie, aínda que isto implique derrogar o seu propio”, subliñou o líder dos populares en Lugo en referencia ás declaracións de Sánchez asegurando que non lle importaría pactar con Podemos e Ciudadanos.
José Manuel Bareiro dixo que un voto a Ciudadanos é un voto ao PSOE porque Albert Ribeira “xa deixou claro que a súa opción preferida de goberno é unha coalición cos socialistas e Podemos. “Rivera quere que o voto de centro dereita para mandar na sombra dun Goberno socialista”, matizó.
Barreiro asegurou que Mariano Rajoy é o único que representa “a estabilidade, a seguridade e a experiencia”. “O resto de candidatos nunca xestionaron nada -continuou- e non é bo chegar á Presidencia para facer experimentos”. Por iso, insistiu “é necesario concentrar o voto no PP para evitar pactos de perdedores que o único que farían sería trasladar a España ao modelo do caos que hoxe en día temos no Concello e a Deputación de Lugo”.
José Manuel Barreiro asegurou que “seguiremos traballando para conseguir o noso obxectivo do 20-20, é dicir, 20 millóns de persoas traballando en 2020″. Sinalou que nestes catro de anos de mandato de Rajoy pasouse da destrución de 1.400 empregos ao día á creación de 1.500 diarios”. “Este é o noso mellor aval, o dos compromisos cumpridos”, subliñou.
O número uno ao Senado por Lugo afirmou que “votar a Mariano Rajoy é un voto seguro: seguridade nas pensións, no emprego e no crecemento, na unidade de España e nun futuro de éxito para o noso país”.
Para finalizar, José Manuel Barreiro destacou que o sector pesqueiro español volve vivir un período de estabilidade grazas ao aumento das cotas e aos novos acordos de pesca asinados polo Goberno. Neste sentido destacou que “o modelo de xestión implantado de respecto ás cotas asignadas permitiu desterrar que somos un país incumpridor”.
APROBACIÓN DE LEIS EN BENFICIO DO SECTOR
Neste contexto, o número uno ao Congreso por Lugo, Joaquín García Díez, destacou a importancia da aprobación durante esta lexislatura da reforma da lei de Pesca Marítima do Estado, que permitiu “mellorar a situación socioeconómica do sector e, en particular, a situación da muller”.
García Díez tamén fixo fincapé na aprobación, case por unanimidade, da Lei reguladora da protección social, que amplía os beneficios dos traballadores do mar. Así mesmo, destacou a aprobación da Reforma do Código Penal que incorpora como delito aos infractores reincidentes por maniqueo.
O cabeza de lista ao Congreso por Lugo puxo de manifesto a importancia de recuperar o prestixio tanto a nivel comunitario como internacional de respectar as cotas de pesca e liderar a loita contra a pesca ilegal. “Aínda estamos pagando as multas por sobrepesca que se nos impuxeron durante o mandato socialista e que traduciron en severas restricciones de cota no noso país”, matizou.
Joaquín García Díez tamén explicou que, nesta lexislatura o Goberno traballou para obter máis cotas de pesca, pasando de 253.565 toneladas en 2012 a 288.327 en 2015, o que representa un incremento de case un 14%. “Era necesario reorganizar o sector pesqueiro e niso traballamos; agora seguiremos esforzándonos por mellorar día a día as condicións dos seus traballadores”, subliñou.
Finalmente, García Díez asegurou que o Goberno continúa esforzándose para recuperar o consumo de peixe que caeu coa crise. “A magnífica negociación levada a cabo polo Executivo permitiu que España dispoña de 1.161 M euros ata o 2020 do FEMP, 30 máis que no período 2007-2013, que se destinarán, noutras accións, a fomentar o consumo”, concluíu.