“Non é o momento máis axeitado, aínda estamos coa euforia da clasificación, pero temos que cambiar o chip e ser conscientes de que a liga non se acabou coa Copa” explicaba Daniel Ibañes, incidindo nas ganas e a ilusión de seguir crecendo. “É unha liga moi igualada e nós seguiremos pelexando por conseguir máis premios. Non era o obxectivo a principios de tempada pero temos que ser un pouco ambiciosos e seguir traballando por superarnos día a día” reflexionaba así o técnico sobre o camiño que lle queda por diante ao conxunto laranxa.
A expedición mariñá poñerá rumbo a Tudela mañá ás 8.30 horas. Isi súmase para mañá á ausencia de Mata; o cordobés está pendente de diagnóstico definitivo por molestias no xemelgo da perna dereita. Entrará Rubén Fernández, do Burela FS B. Nas filas locais, Manu García continúa recuperándose da súa lesión de nocello.
En Vista Alegre, o marcador quedou igualado, 2-2.
Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 29. Rubén, 30. Hélder
Convocatoria provisional Aspil Vidal Ribera Navarra: 15. Molina, 17. Zardoya, 2. David, 3. Hamza, 4. Roger, 6. Luisma, 7. Rubi, 8. Andresito, 9. Loito, 10. Joselito , 11. Javivi, 12. Pedro, 20. David Pazos