Site icon Crónica3.com A Mariña

C´s Ciudadanos respalda “totalmente” á Plataforma pro-residencia de Ribadeo

A candidata de C´s Ciudadanos ó Congreso pola circunscripción de Lugo, Isabel Cendán, acompañada por un nutrido grupo de dirixentes, afiliados e simpatizantes, visitou Ribadeo nun acto de campaña durante o que aproveitaba para reuniuse co Presidente da Federación de empresarios da Mariña, Ramón Leivas e co Presidente de ACISA, Francisco Iriarte para trataron as diferentes necesidades e prioridades que ten o sector empresarial na Mariña.

Tamén se reuniu co portavoz da Plataforma pro- Residencia de Maiores , José María Rodríguez, que informou detalladamente da situación na que se atopa o devandito proxecto. Nese sentido, Cendán manifestou o seu “apoio total” á Plataforma e asegurou que “a nivel provincial e seguindo a liña iniciada polo Grupo Municipal C´s Ribadeo, apoiarase esta iniciativa que considera moi importante para os veciños e veciñas de Ribadeo”.

Exit mobile version