Site icon Crónica3.com A Mariña

Eu merco en Xove, eu merco en galego

O Concello de Xove, a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, ven de promover unha iniciativa para fomentar o emprego do galego no comercio e na industria do municipio. Subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa ACIAM Xove.

‘Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego’ é o nome da primeira das accións deseñadas para esta campaña, que ademais pretende incentivar o consumo nas empresas locais.

Dentro desta campaña organizouse un concurso fotográfico, no que só foi necesario realizar unha autofoto, ousexa, un selfie, na que había que mostrar o eslogan da campaña #EuMercoEnXove,EuMercoEnGalego e enviala á dirección de correo electrónico concursoxove@gmail.com antes do 8 de novembro. As imaxes recibidas foron publicadas no Facebook do Concello e sometidas a votación popular; as tres imaxes con máis ‘Me Gusta’ gañaron un vale de desconto para mercar nas empresas do Concello.

Xunto con este Concurso, a campaña incluiu a edición de cartaces publicitarios e dun video promocional da campaña Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego.

O deseño desta campaña foi elaborado polo xovense Fabián Ben Conde, da empresa Digital Marketing & Community Manager.

Presentación da campaña
O alcalde Demetrio Salgueiro vai presentar públicamente esta campaña, nun acto que se vai desenvolver mañá, venres 11 de decembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con arranxo ao seguinte programa:
-Presentación a cargo do alcalde de Xove.
-Entrega de vales de compre aos gañadores do concurso de fotografías.
-Entrega dos carteis publicitarios aos establecementos da ACIAM de Xove.
-Presentación do vídeo promocional a cargo do deseñador da campaña Fabián Ben Conde.

Exit mobile version