Site icon Crónica3.com A Mariña

Gabriel Galante cae ante o campión do mundo no XVII Trofeo Concello de As Pontes

A elite do tiro con arco español dábase dita este sábado 19 de decembro no XVII Trofeo Concello de As Pontes, o primeiro como internacional para a localidade coruñesa, que contou coa participación do actual campión do mundo, o pontés Miguel Alvariño.

A presenza do equipo nacional fixo que o nivel das puntuacións se disparara. Así, os arqueiros do IADOVI de San Cibrao desprazábanse ao evento para disfrutar dunha xornda de tiro con arco na que, en arco recurvo, Gabriel Galante Briones conseguía colarse nas eliminatorias cunha puntuación, nada despreciable, de 546 puntos.

Pola tarde tiraba o seu primeiro encontro contra Miguel Alvariño, logrando empatar o primeiro set cunha puntuación escalofriante de 29 puntos, a tan so un punto da máxima puntuación. O pontés non perdonaba e facía valer o seu título logrando o pleno de 20 no segundo set, mentres que Gabriel repetía o 29. Igualmente, o resto de sets serían unha réplica deste último no que tan só perdía por un punto. Así, perdía ante o campión do mundo por 7 a 1 en puntos de set.

O resto de arqueiros do club mariñán mantívose na súa liña. Destaca a actuación de Jose Manuel García Cordido. “Campa” conseguía o puesto 24 e batía o seu record persoal pasando dos 499 puntos conseguido no XIII trofeo Cidade de Narón aos 526 puntos. Tras esta subida de puntos para os que traballou duramente, queda agora presentarse ao campionato galego o proximo 9 de xaneiro de 2016, ao que asistirá xa como veterano intentando subir ao podio. A directiva do club dálle ánimos para que siga traballando nesta liña.

Jorge Galante situábase 33º con 475 puntos; Francisco Botelho Melo, 35º con 447 puntos; David Pernas Basanta conseguía o puesto 39 con 411 puntos e o arqueiro máis novo, Ángel Galante Briones, aínda alevín, mostraba a súa calidade técnica conseguindo a súa primeira marca na diana triple vertical de 308 puntos o que o relegaba ao puesto 42º.

Pola súa banda, Ana María Briones Montes conseguía o posto 14 con 440 puntos.

Exit mobile version