O popular prosegue encontros programados con asociacións, empresarios e autónomos de cara a coñecer as súas demandas e inquedanzas, un calendario que manterá durante a campaña electoral.
Jaime de Olano aproveitou a reunión para poñer en valor as medidas de apoios adoptadas polo Goberno central en materia de igualdade, así como os esforzos que se están a levar a cabo para erradicar a violencia de xénero.
O candidato ao Congreso dos Deputados fixo esta mañá un percorrido polo mercado de Burela acompañado polas candidatas ao Senado e ao Congreso María del Mar Fraga Fernández e Mercedes González Alonso, respectivamente. Tamén participaron afiliados da localidade.