Site icon Crónica3.com A Mariña

Mar investiu 75.000 euros na colocación de sete bolardos e un pantalán para profesionais en Burela

Santiago, 26 de decembro de 2015.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia investiu arredor de 75.000 euros na instalación dun pantalán para o sector profesional e na colocación de sete bolardos para o amarre de grandes buques no porto de Burela. Estas actuacións foron levadas a cabo atendendo a unha petición do patrón maior da confraría de pescadores.

A instalación do novo pantalán era necesaria para embarcacións da terceira lista dada a demanda de embarcacións destas características. Ten tres módulos de 12 metros de lonxitude, cada un deles dun ancho de 3 metros e serve para dar atracada a embarcacións da frota artesanal. A pasarela de acceso ao pantalán é a que estaba instalada anteriormente. O investimento nesta obra foi de preto de 60.500 euros.

Por outra banda, os bolardos (elementos de amarre) instalados ao longo do cantil do peirao da lonxa, soportan unha tensión dunhas 30 e 50 toneladas. Estes elementos de amarre complementan aos existentes, de menor tensión de tiro. Os antigos elementos de amarre existentes utilizaranse para embarcacións de menor porte continuando na súa situación actual no cantil do porto. O investimento dos bolardos foi de preto de 14.800 euros. Proximamente tamén se colocarán medios de defensa e amarre no porto de Celeiro, en Viveiro.

Exit mobile version