Site icon Crónica3.com A Mariña

“Nós facemos a campaña coas nosas mans” dixo Olalla Rodil

20151212_132430Lugo, 12 de decembro de 2015.- NÓS-Candidatura Galega participou este sábado en Lugo nun acto no que un grupo de simpatizantes e persoas vencellada a Nós Candidatura Galega, forza da que forma parte o BNG, saíron á rúa para amosar o seu xeito de traballar na campaña electoral “nós facemos a campaña coas nosas mans” dixo Olalla Rodil. “Con este acto queremos recoñecer, agradecer e poñer en valor o traballo de todas as persoas que se implican nesta campaña por que saben da importancia de que Galiza conte cunha voz propia en Madrid” afirmou Olalla Rodil.

Máis de medio cento de persoas reuníronse na rúa da Raiña de Lugo para preparar o material de campaña que NÓS-Candidatura Galega utilizará nos vindeiros días para difundir o programa electoral co que concurren ás eleccións do vindeiro 20 de decembro. Olalla Rodil lembrou que “non temos aportacións de empresas, nin temos créditos bancarios para financiar esta campaña por eso o traballo militante é fundamental”.

Olalla Rodil pediulles “a todas as persoas que lle queiran a este país” que se impliquen en apoiar “a única candidatura que vai defender en Madrid ás galegas e aos galegos” e sinalou que “as persoas afectadas polas preferentes, os emigrantes retornados, a xente do mar, os gandeiros e outros moitos colectivos saben da importancia de que Galiza conte cunha voz que os represente e os defenda alí onde outros atacan o seu xeito de vida”.

A candidata ao congreso, Olalla Rodil, participou tamén en dous actos públicos en Chantada e Vilalba nos que pediu o voto para Nós Candidatura Galega por que “se algo pode mudar o 20 de decembro, Galiza ten que estar. Non podemos deixar que sexan outros os que negocien de novo o noso futuro, sen ter en conta o rural, o agro ou o feito de que a nosa xente vive dispersa.

Exit mobile version