Site icon Crónica3.com A Mariña

O 10 de decembro celébrase en Madrid o desfile de moda “Fashion Academy”, de El Corte Inglés, no que participará a ribadense Carla Méndez García

DSC_0132Ribadeo, 7 de decembro de 2015.- A ribadense, con raíces familiares na Pontenova e Mondoñedo, Carla Méndez García verá o seu soño feito realidade, xa que o modelo que presentou ao concurso de deseño de moda Fashion Academy, do Corte Inglés, subirase e exhibirá na pasarela profesional que terá lugar este xoves, 10 de decembro, en Matadero, un espazo dedicado á arte e ás actividades culturais de todo tipo en Madrid.

O deseño presentado por Carla Méndez García foi un dos máis votados na fase previa do concurso, na que foron seleccionados os 50 que se mostrarán no desfile do xoves. Carla Méndez sinala que “será todo de forma profesional, con modelos, con estilistas, maquilladores, backstage, etcétera. Parte do premio era poder participar e ver dende dentro un desfile profesional, polo que chegar ata aquí xa é un logro moi grande para min”. A xove diseñadora ribadense insiste en “dar as grazas a todos vos que me votaron na fase previa, acabei entre vos primeiros e agora estou moi emocionada co desfile”.

O recinto de Matadero ten un aforo limitado e ese día haberá unha pequena festa para todos os invitados. Será o 10 de decembro cando se coñezan os nomes dos tres diseñadores emerxentes ganadores do concurso.

O premio para o look ganador absoluto será a pechadura do desfile, pasando o seu deseño, unha vez foi proclamado como mellor look de diseñador emerxente do concurso Fashion Academy El Corte Inglés 2015; prácticas no departamento de compras do Corte Inglés durante 6 meses; 3.000 euros nunha tarxeta regalo desta firma; a produción e venda do look en tres tallas (S, M e L) en centros seleccionados do Corte Inglés en Madrid e o 15% de royalties sobre as vendas da colección.

Exit mobile version