O edil socialista sinalou que “estes traballos inclúense nas medidas que se están a adoptar polo equipo de goberno para intentar mellorar a imaxe do pobo, máis tendo en conta que son datas moi sinaladas nas que imos recibir visitantes, que entendemos deben de levar a mellor imaxe posible do noso pobo”.
Ramiro Fernández Rey tamén explicou que “os traballos se farán a partir das tres da mañá para tentar interromper o menos a vida normal do pobo durante o día. É por iso que se decidiu facer estes traballos pola noite”.
E engadiu: “queremos facer fincapé en que un dos obxectivos máis importantes que nos marcamos dende o equipo de goberno é o de mellorar a imaxe do pobo. Calquera veciño pode ver claramente esta prioridade. Sabemos que falta moito por facer, pero seguiremos a traballar con empeño, como vimos facendo ata agora neste senso, para tentar facer que os veciños e os visitantes se sintan cómodos e nun pobo limpo e coidado. Entendemos que este obxectivo é compartido por toda a veciñanza por isto pedimos a máxima colaboración de todos para poder seguir mellorando neste aspecto”.