Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo presenta o primeiro equipo feminino de voleibol da comarca

voleibol-cervoCervo, 10 de decembro de 2015. O concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, presentou ao primeiro equipo de voleibol feminino da comarca, nacido nas Escolas Deportivas Municipais, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde cervense, Alfonso Villares.

José Ramón Soto destacou que “o Concello de Cervo, como vén sendo habitual dende o ano 2007, está apostando forte polo deporte, sobre todo polo deporte de base. Proba diso é que nas nosas Escolas Deportivas xa está creado un equipo de voleibol feminino, que é único e o primeiro na comarca da Mariña que vai xogar federado na terceira división xuvenil autonómica.
Vai estar composto por rapazas do noso municipio, todas integradas no voleibol. É a primeira vez que a comarca vai dispoñer dun equipo de voleibol feminino”.

O equipo está formado por Laura, Sara, Teba, Lucía, Noemí, Carmela, María, Carol, Alba, Nerea, Judith, Paula, Carmen e Lucía. O adestrador é Samuel.

Exit mobile version