Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo colabora con ACIAM na organización do Gran Mercado de Nadal

Mondoñedo, 4 de decembro de 2015.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) na organización do Gran Mercado de Nadal 2015, que terá lugar o sábado 19 e o domingo día 20 de decembro, así como nas demais actividades promovidas por estas datas.

Outras actividades
O venres día 18 o auditorio municipal acollerá o concerto de Nadal ás 20.30 horas a cargo da Escola Municipal de Música Un mundo do Nadal.
O sábado 19 desde as 16.00 horas e ata as 20:00 horas o auditorio municipal acolle un taller de postais de Nadal e xogos infantís para os máis pequenos. O domingo 20 ás 19.00 horas haberá teatro no auditorio municipal a cargo do Grupo Trípode. Representarán a obra Apedreando. A entrada será de balde.

O martes 5 de xaneiro ás 19.30 horas celebrarase a cabalgata de Reis no auditorio municipal.

Premios
Amais do mercado, Goberno local e ACIAM promoven unha campaña de premios con motivo destas datas na que haberá un sorteo de 20 vales de compra de 100 euros. Poderase solicitar a rifa ao realizar unha compra ou facer unha consumición nos locais asociados.

O sorteo levarase a cabo ante notario na Praza do Catedral o sábado día 9 de xaneiro a partir das 19:30 horas. Sortearanse os 20 premios seguidos agardando media hora ata que aparezan os agraciados. De non ser así, os premios quedarán desertos.

Para poder recoller o premio será imprescindible presentar o DNI e a rifa debidamente selada por un dos comercios asociados a ACIAM.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, remarca a importancia das campañas que incentivan o consumo na localidade e que ofrecen múltiples activades lúdicas e culturais pensadas para todos os públicos.

Exit mobile version