Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove entrega máis de 39.000 euros en axudas para estudos universitarios

O Salón de plenos do Concello de Xove acollía este martes ás 12.00 horas a entrega de axudas ao estudio que o Concello convoca cada curso escolar. Na mesma estiveron presentes a concelleira de servizos sociais Ana Abad e a de Cultura Dolores Meitín.

Nesta ocasión concedéronse un total de 21 axudas para estudos universitarios, cuxa cuantía ascende a 26.217,93 €, 3 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade total de 1.734,71 €, 10 axudas para alumnos con discapacidade un total de 7.500 €, e 39 axudas para compra de material escolar, cuxa cuantía ascende a 4.045 €, sendo a contía total de 39.497,64 €.

Exit mobile version