Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de apoio a AGE en Ribadeo critica a política de selección de persoal do Concello

O grupo de apoio a AGE en Ribadeo denuncia “carencias nas convocatorias do Concello”.

“Como vimos observando repetidamente, e máis en concreto na última convocatoria dunha praza de técnico/a de cultura publicada o pasado 6 de novembro, estas convocatorias presentan varias carencias”:

1.- Escasa publicidade, curtos prazos de presentación de documentos e opacidade informativa.

2.- Métodos de selección que non garanten que non haxa filtracions dos exámenes antes das probas.

3.- Ausencia de sindicatos nos tribunais.

4.- Ampla discrecionalidade dos tribunais para tomar decisións trascendentes sobre temas previsibeis.

5.- Modificacions non explicadas de baremos e prazos no curso dos procesos de selección e incumplimento de prazos previamente publicados.

6.- Cambios inexplicados nos métodos de selección entre unas convocatorias e outras.

Estes serían algúns aspectos, que non todos os que levamos detectados tralo seguimento de varias convocatorias do gobernó actual e o anterior. Asemade entendemos que deberá buscarse unha alternativa a esta situación debatida de xeito participado e na que tódolos grupos políticos e sociais teñan a opción de exponer o seu punto de vista e contrastarlo cos demais.

Pola outra banda os repetidos xuizos perdidos polo Concello en litixios de carácter laboral reflicten un modelo de xestión dacabalo de simpatías/antipatías personais cando non de adhesions políticas inaceptabeis.

Por todo elo suxerimos ao grupo de goberno que tome nota destas suxerencias e aos sindicatos e oposición que asuman a parte que lles corresponde.

Exit mobile version