Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo asegura que se o alcalde non ten o diñeiro da Xunta para a residencia “é porque non quere” e lamenta o portazo á colaboración do goberno galego

Ribadeo, 12 de decembro de 2015.- O Partido Popular de Ribadeo asegurou este sábado que o anuncio efectuado onte en relación coa residencia de Ribadeo confirma que o alcalde non quere o diñeiro da Xunta e supón un novo “portazo” á oferta de colaboración realizada desde o Executivo autonómico para financiar estas obras.

Os populares din que esta é a segunda ocasión na que desde o Goberno local de Ribadeo manobran para deixar fóra á Xunta tras rexeitar a oferta inicial pola que o Goberno galego se comprometía a investir cada ano entorno a 700 mil euros concertando 40 das 47 futuras prazas da residencia e, agora tamén, renuncian ao medio millón de euros que a Xunta ofrecía para axudar no financiamento da construción do futuro centro.

Por outra banda, o novo paso vén a confirmar as sospeitas adiantadas polos populares sobre a segura privatización da futura residencia o que suporá deixar fóra a moitos veciños de Ribadeo que non poderán facer fronte ao elevado prezo das futuras prazas. Desde a Alcaldía pechan as portas a calquera colaboración coa Xunta como resposta á última oferta realizada desde o Goberno galego, e confirmada en sede parlamentaria.

Con rotundidade desde o Partido Popular local aseguran que se o alcalde hoxe non ten o diñeiro da Xunta “é porque non quere, e porque non traballa”, pois o Goberno galego estaba disposto a poñer os 500.000 euros nun prazo de dous meses desde que o alcalde remita os informes pendentes que lle esixen a lei.

Sobre este particular, desde o PP aseguran que o informe do secretario non din en ningún momento que non deban enviarse estes informes pendentes desde fai máis que quince meses e cuxa necesidade de achegalos ten confirmado non só o secretario xeral técnico da Consellería de Política Social senón, a maiores, dous informes xurídicos elaborados por letrados independentes. “A Xunta leva máis dun ano esperando polo informe de viabilidade que acredite a capacidade do Concello para facer fronte á residencia e o de non duplicidade, que tan só require unha simple solicitude á Consellería de Presidencia, que non fixo aínda”

Os populares lamentan que desde a alcaldía teñan decidido xogar á política partidista coa residencia de Ribadeo, boicoteando a unanimidade sobre a necesidade deste novo servizo que desde o PP tamén defenden e insisten en que estamos ante una nova manobra política oportunista, anunciada en plena campaña electoral, coa que unha vez máis o alcalde intenta enganar aos veciños pois o actual Goberno provincial non ten nin consignación orzamentaria, nin a maioría suficiente para facer fronte a este compromiso.

Exit mobile version