Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación avoga por “reformar a Constitución para adaptala ao século XXI”

campos-constO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo nos actos organizados na Subdelegación do Goberno con motivo do 37 aniversario da Constitución.

Campos Conde remarcou que “debemos sentirnos orgullos e agradecidos pola Constitución, pois supuxo o recoñecemento de dereitos e liberdades. Pero agora toca reformala para adaptala ao séculos XXI. Máis da metade da poboación non participou na súa elaboración. Hoxe a realidade e a sociedade do noso país é moi distinta. Polo tanto, temos que chegar a un gran pacto, como en 1978, co que acadar unha maioría política e cidadá para reformar a Constitución e garantir os dereitos e liberdades que nos leva quitado nos últimos anos”.

Exit mobile version