Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Barreiros pide a dimisión do Alcalde “polos comentarios machistas, as faltas de respecto e absoluto desgoberno do Concello”

Barreiros, 9 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal do PSOE en Barreiros esixe a dimisión do Alcalde, José Alfonso Fuente Parga, polo seu absoluto desgoberno, machismo e faltas de respecto habituais do rexedor popular. Sen ir máis lonxe, na mañá deste mércores o Alcalde proferiu berros aos membros da oposición, logo de que o Grupo Municipal Socialista pedira en Pleno a dimisión de Fuente Parga, así como de varios compañeiros de goberno “pola nefasta xestión urbanística e territorial levada a cabo polos populares no noso Concello, que converteu a Barreiros na Marbella de Galicia”.

“Barreiros, dende que Fuente é alcalde, mudou para peor: perdeu poboación; subíronse taxas e impostos dunha forma salvaxe, servizos básicos inexistentes; depuradoras obsoletas, a carencia dun Centro de Día público ou a falta da posta en marcha do Plan Xeral de Ordenación do Municipio, son so algún dos exemplos nos que nos apoiamos para pedir ao Alcalde que se vaia ”.

Nesta liña, os socialistas destacan que “é unha auténtica vergonza que ao noso Concello só se lle coñeza por as desafortunadas actuacións urbanísticas do alcalde popular José Alfonso Fuente Parga, así como por declaracións como <>, que amosan o baixo nivel moral de Fuente Parga”

A voceira socialista no Concello, Carmen Veiga, afirmou que “o único que fai o Alcalde é instalar no Concello actitudes e pensamentos retrógados, machistas e pouco democráticos, que amosan á perfección a liña ideolóxica non só do Alcalde, senón tamén de todos os compañeiros e compañeiras de partido”.

Exit mobile version