Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC ficha a Iván González ata finais da temporada 15/16

i-gO Ribadeo FC anuncia a incorporación do dianteiro Iván González Veiras ata o final da presente temporada.

Procedente do Laracha CF, tamén xogou no Noia CF, SD Negreira, Sta Comba, SD Compostela, CD Lugo, CD Orense, CD Boiro e no R.C. Villalbés a pasada temporada.

Este venres 4 de decembro realizará o seu primeiro adestramento co club mariñán. Estará a disposición do corpo técnico, se o estiman oportuno, para o partido do vindeiro martes 8 de decembro fronte ó Arosa SC.

Exit mobile version