Site icon Crónica3.com A Mariña

O sector pesqueiro galego so terá voz no congreso se Nós – Candidatura Galega chega con forza a Madrid para defender os seus intereses, afirmou en Burela Olalla Rodil

IMG_3489A Mariña, 7 de novembro de 2015.- A candidata ao congreso por Nós – Candidatura Galega Olalla Rodil, afirmou en Burela que o sector pesqueiro galego non terá voz nas cortes xerais do Estado si a súa formación no está presente con forza neste foro a partir dos comicios electorais do 20D. O sector sabe que as políticas executadas polos sucesivos gobernos galego e español son timoratas fronte ás medidas impostas pola comisión europea, empeñada en poñer en dificultades e mesmo facer desaparecer ao sector pesqueiro galego, o mais potente e avanzado de Europa.

Para Olalla Rodil, non acabamos de ver a ningunha das outras forzas políticas que se presentan falar do sector pesqueiro en Galiza, “uns non falan disto porque non teñen proposta ningunha; outros, que levan anos gobernando por quendas, porque non teñen nada que dicir preocupados por tapar a falta de contundencia na defensa dun sector básico e fundamental para a economía galega do que viven milleiros de persoas tanto no mar como en terra”.

A cabeza de lista de Nós – Candidatura Galega visitou Burela, primeiro para manter un encontro co sector pesqueiro mariñao e despois para participar nun acto electoral con Montse Porteiro e Dori González, candidatas barreirense e burelá ao Congreso

Olalla Rodil xunto coas candidatas mariñás e unha delegación da executiva comarcal do BNG, escoitou na sede da Federación de Confrarías ao sector, e trasladoulles as propostas programáticas de Nós – Candidatura Galega. Segundo a cabeza de lista ao congreso “non podemos permitir que un sector produtivo como a pesca, moderno e especializado, no que Galiza é punteira e moi dependente, paralice o seu desenvolvemento pola falta de contundencia na súa defensa dos gobernos galego e español fronte ás políticas do xendarme europeo e a súa maquinaria para despezar barcos”, explicou Rodil.

A alternativa que defende Nós – Candidatura Galega pasa por “negociar con contundencia diante da UE cuestións como a Política Pesqueira Común que lembrou, o nacionalismo galego xa rexeitou a través da europarlamentaria Ana Miranda”. Non pode ser, afirmaron “que as posicións timoratas dos gobernos populares de Santiago e Madrid condenen á nosa flota a dar por válidas medidas como os descartes ou a nova lei galega de acuicultura, elaboradas desde os despachos, sen ter en conta os efectos negativos sobre o emprego e a subsistencia do sector”.

Nós – Candidatura Galega preséntase para defender inequivocamente os intereses das galegas e galegos, os nosos sectores produtivos e o dereito vivir e traballar na propia terra; “a pesca é un sector estratéxico para A Mariña e Galiza polo que NÓS será correa de transmisión en Madrid como o ven sendo o nacionalismo galego a través do BNG desde fai 20 anos”, afirmou Montse Porteiro, número tres da candidatura ao Congreso.

Exit mobile version