Foz, 31 de decembro de 2015. O espectáculo de Os Bolechas programado para este sábado, día 2 de xaneiro de 2016, en Foz cambia de formato, debido a unha avaría no autobús que tiñan previsto desprazar á vila focense ese día. O vehículo non estará, pero Os Bolechas si actuarán no patio do colexio público Número 1, onde instalarán unha carpa para actividades e ofrecerán catro pases da súa representación. Así o anunciaron hoxe dende o departamento de Cultura do Concello de Foz.
Os catro pases do espectáculo de Os Bolechas no patio do colexio público Número 1, de Foz, serán este sábado ás 12.30, ás 14.00, as 18.30 e ás 20.30 horas.