Site icon Crónica3.com A Mariña

Os candidatos do PP de Lugo para as eleccións xerais “dialogarán” cos mozos de Novas Xeracións nun coloquio sobre xuventude

Lugo, 11 de decembro de 2015.- Os candidatos do Partido Popular de Lugo para as eleccións xerais manterán un encontro cos mozos de Novas Xeracións nun coloquio que, baixo o título “Diálogos políticos un partido cerca de ti”, terá lugar esta domingo día 13, a partir das cinco da tarde, na sede dos populares lucenses.

O encontro servirá para abordar diversos asuntos relacionados con políticas para a xuventude, tanto a modo de análise da xestión realizada nos últimos anos como tamén como foro para avanzar e valorar as propostas incluídas no programa electoral dos populares para os máis novos.

A actividade desenvolverse en tres mesas distintas e consecutivas, a primeira dos cales corresponde aos cabezas de lista para o Senado e o Congreso dos Deputados, Jose Manuel Barreiro Fernández e Joaquín García Díez, respectivamente.

A continuación será a quenda dos números dous nas respectivas candidaturas, Jaime de Olano e Dámaso López para finalmente dar o paso a tres mulleres que representan novas incorporacións nos seus respectivos postos, Mercedes González Alonso (nº 3 ao Congreso), Sandra Vázquez Dominguez (nº 3 ao Senado) e Rosa Arza Rodríguez, candidata ao Congreso e vicepresidenta de Novas Xeracións Galicia.

O discurso de apertura correrá a cargo do presidente e portavoz local dos populares lucenses, Jaime Castiñeira, e os encargados de pechar esta actividade son tres mozos con grandes vinculados a Novas Xeracións como son Daniel Vega (presidente provincial lucense), Diego Gago (presidente autonómico desta formación xuvenil) e Javier Dorado (actual deputado autonómico e responsable de participación do PPdeG) un dos parlamentarios máis mozos da Cámara galega.

Exit mobile version