Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras celebraron un día de sendeirismo e compañeirismo na Fonsagrada

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 13 de decembro de 2015.- Este sábado os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela realizaron unha ruta no concello mais extenso de Galicia: A Fonsagrada.

A ruta elixida foi un tramo do Camiño Primitivo que parte da Fonsagrada e pasa por Padrón, Vilardondo, Montouto, Antigo Hospital de Peregrinos, Alto de Cerredo e termina en Paradavella, un total de 12 Km. que percorreron en 3 horas aproximadamente.

Nun día asollado pero cun frio intenso, o mais destacado foi que o compartiron cos compañeiros de Terras de Lourenzá e Amigos do Patrimonio de Castroverde, un total de 130 camiñantes que gozaron dunha xornada de amizade, sendeirismo e paisaxes espectaculares.

Ao finalizar a ruta, tomaron unhas cañas na Fonsagrada e para repoñer forzas comeron un suculento cocido co famoso butelo local no restaurante “O Piñeiral”.

Exit mobile version