Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco forzas políticas debaten este luns no Fumarel de Ribadeo ante os micrófonos de Radio Voz A Mariña

O Fumarel (R/Dr. Moreda 4, praza do Mercado, Ribadeo) acollerá este luns 14 de decembro entre as 11.00 e as 12.00 horas un debate organizado por RadioVoz A Mariña con representantes de cinco forzas políticas con candidatura nas eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro.

Os participantes serán: Jaime de Olano (Nº2 ao Congreso polo PP), Ricardo Varela (Nº1 ao Senado polo PSdeG-PSOE),
Olalla Rodil (Nº1 ao Congreso por Nós-Candidatura galega), José Manuel Pérez Afonso (Nº 3 ao Congreso de En Marea) e Manuel Vicente (Nº3 ao Senado por Ciudadanos).

E os temas a tratar serán:

– Quenda de introdución e valoración da lexislatura rematada
– Administración, competencias (estructura do estado) e infraestructuras
– Economía e sectores productivos: pesca, agro, forestal, turismo
– Emprego e mocidade
– Política social e cultura
– Quenda de remate solicitando o voto

A orde será PP, PSOE, Nós, En Marea e Ciudadanos, agás a de remate que será ao revés.

O debate será emitido por RadioVoz A Mariña (102.3 FM Ribadeo e 88.5 FM Viveiro) e aberto ao público.

Exit mobile version