Site icon Crónica3.com A Mariña

Rhodéa Blasón, de novo entre os autores de fala hispana máis vendidos a través de Amazon

A xornalista Rosa María Fidalgo Vérez (Rhodéa Blasón) volve a colocarse esta semana entre os autores máis vendidos de fala hispana no portal dixital de Amazon coa súa terceira edición de “Pedazos de mi alma” onde acadou o posto numero cuarenta e nove, o libro que está tendo un gran tirón con motivo das vendas de Nadal e de Reis recolleu criticas moi favorables. A autora, que rompeu primeiro ventas en hispanoamérica, triunfa agora en España coa súa xa terceira edición.

A xornalista, nacida en Lugo, pero afincada na Mariña luguesa era entrevistada esta semana para os portais especializados “Experiencias Literarias” e “Lector Cero” onde manifestaba que:”Cuando surge una buena idea, creo un argumento dando forma única a los personajes y trato de dotarlos de profundidad para que sean únicos y, sobre todo, buscando la complicidad con el lector”.

A Rhodéa Blasón compáranna cos grandes autores da novela negra do norte de Europa e pola súa sensibilidade coa autora canadiense Alice Munro. Rhodéa Blasón actualmente retirada do periodismo activo por unha grave enfermedade adícase por enteiro a escribir, ainda que sigue colaborando como columnista en diarios como El Progreso de Lugo, no que comenzóu a súa carreira profesional, e en dixitais como Cronica3, ademais de en suplementos hispanoamericanos como Embrogrium ou comarcais como A Chaira.

Exit mobile version