Site icon Crónica3.com A Mariña

Salto do Coro de Mondoñedo reúne a 13 participantes no seu I torneo de tenis de mesa

Un total de 13 participantes disputaron o primeiro torneo SALTO DO CORO de Mondoñedo de tenis de mesa que contaba coa colaboración do Casino de Mondoñedo e A Sala de Xogos onde se desevolvían os partidos.

Divididos en 3 grupos que se enfrontaban nun sistema de liga a unha volta, eran oito os que alcanzaban cuartos: Javier-Iván, Gonzalo-Xoel, Miguel-Valentín e Pablo-David.

Dos seus respectivos enfrontamentos Javier (Burela), Gonzalo, Miguel e David pasaban a eliminatoria para enfrontarse na primeira semifinal David contra Miguel, un dos favoritos, que lograba vencer a pesar de que David lograba facerse cun set. E, na segunda semifinal, Gonzalo lograba vencer a Javier por un claro 2-0. Aínda así era este o que lograba a terceira posición tras vencer no partido polo terceiro-cuarto posto ante David.

Finalmente, o vencedor sería Gonzalo tras impoñerse a Miguel (Mondoñedo).

Exit mobile version