Site icon Crónica3.com A Mariña

Suso Coedo botou man do Galo na 5ª xornada da LNB NorLeste en Ribadeo

DSC0969215 de decembro de 2015.- Nos derradeiros días en Ribadeo gozamos dun microclima propio, temperaturas agradables e un cálido e fermoso sol que nos acompaña perante boa parte da xornada. Era o comentario xeral entre os palanadores que iban chegando contra as tres da tarde do sábado 12 de decembro ó ben cuidado campo da Faxarda, para a disputa da quinta xornada da Liga Nacional de Billarda na Conferencia NorLeste.

Estamos no medio da tempada e a loita polos primeiros postos está moi apertada e mais que interesante con un abano de xogadores que non perden comba e fan que en cada xornada a loita sexa moi parella e competida ao máximo. Os erros comezan a traer consecuencias negativas e cada quen pon o máximo esforzo e concentración en cada golpexo da billarda. Os Regueiro, Daniel, Pozo, Markytos, Coedo, Pepe Outeiro, Pepe Vidal, Iván, Xermán, Noé, etc. etc., non amosan debilidade e mantéñense xornada tras xornada nos postos altos vixiándose e agardando que algún deles mostre síntomas de fraqueza para tomarlle a dianteira.

Esta quinta xornada, na que participaron corenta e cinco palanadores (trinta e seis homes e nove mulleres), discurriu de forma moi dinámica e foi Suso Coedo quen resultou gañador con 24 puntos de 25 posibles, so deixou escapar un punto na cuarta carreira. Segundo foi Markytos que en dúas carreiras de desempate gañoulle a Iván (ambolos dous con cadanseus 23 puntos).

En donas sigue destacando o dominio de Geni que se vai alonxando de todas as demais e en equipos os Billardeiros Musicais tamén avanzan a grandes zancadas afastádose cada vez mais dos seus perseguidores, hoxe secundados por Ekipa-Bítere e por Troitas Bravas.

O Apalpador, un ano mais, baixou da montaña para xunguirse a multicolor serpe da LNB e facer entrega dos premios correspondentes os gañadores do aberto. O Galo para o campión e unas bandexas de doces Navideños para o segundo e terceiro e para o equipo gañador.

A continuacion, todos os presentes (palanadores e xeareiros) poidemos participar dunhos petiscos por xentileza de José Manuel, mais coñecido por “Mondoñedo” quen ademáis se encarga de aportar o Galo.
O equipo gañador quixo tamén agasallar a tódolos presentes repartindo os doces do seu trofeo na misma pista de xogo.

As clasifiacións logo desta quinta xornada quedan asi:
Individual:
Regueiro 108 p., Manolo Pozo 96 p., Pepe Outeiro 95 p., Pepe Vidal 91 p., Coedo 89 p.
Donas: Geni 66 p., Bea 32 p., Lola Eiras 29 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 393 p., O Cadaval 318 p., Troitas Bravas 282 p.

Os palanadores da LNB conferencia NorLeste, facemos un alto nestas datas do Nadal expresando os nosos mellores deseos de Paz e Prosperidade para o vindeiro 2016 en que retomaremo-los paláns e billardas para seguir competindo. Será en Castro de Riberas de Lea o día 9 de xaneiro.

Exit mobile version