O Resurrection Fest rende unha “merecida homenaxe” á figura do gran Lemmy Kilmister -que este martes perdía a batalla contra o cancro- cun vídeo sobre o seu paso polo festival que se convertería na súa última actuación en España.
A súa foi unha vida dedicada á música sendo un icono para moitas xeracións. Un home que respiraba, comía e bebía rock & roll, Lemmy era Rock & Roll. Coa sorte de traballar con el no seu último concerto en España, tras unha carreira de máis de 40 anos, a organización amósase “orgullosa de facelo”. Igualmente, amosan “todos os nosos respetos e condolencias á banda, familia e amigos”.
Resurrection Fest 2016
A undécima edición do Resurrection Fest celebrarase en Viveiro do 7 ao 9 de xullo. As entradas xa están á venda online na web do festival: www.resurrectionfest.es/entradas.
*FOTO: Resurrection Fest X Edition