A edil explicou que os importes que percibiron as familias beneficiarias destas axudas “varían segundo os casos, xa que cada subvención concédese atendendo aos gastos que tivese cada alumno, sempre relacionados co material escolar e os libros necesarios para eses cursos, aínda que sempre ata un máximo de 130 euros por neno ou nena”.
Dolores García engadiu que o obxectivo destas axudas, que corresponden ao curso 2015-2016, “é apoiar aos pais e nais á hora de afrontar os gastos extraordinarios dun novo curso escolar e contribuír a completar a actividade académica e educativa. Son unhas axudas que financia o Concello con fondos municipais ao cen por cen, ao igual que ocorre con outras liñas de subvencións no ámbito educativo, como as de transporte escolar ou as dos centros escolares e das asociacións de nais e pais, que tamén se veñen concedendo todos os anos”.