Tras a sesión da mañá deste mércores, os pupilos de Daniel Ibañes retomarán a súa preparación o sábado con sesión de mañá e tarde. Chano xa participou con normalidade esta semana, logo de non poder viaxar a Tudela por molestias nun nocello. Isi, cunha pequena rotura fibrilar, traballa co fisioterapeuta para estar a punto para o domingo, aínda que de momento é dúbida. Matamoros será baixa. Pola súa banda, o equipo do ex-burelista Juanito trasladarase a Galicia ese día, despois do adestramento matutino.
Na primeira volta os insulares impuxéronse 3-1 aos da Mariña.
O domingo poñerase á venda unha nova edición do Calendario Laranxa; todas as persoas interesadas xa poderán adquirilo ese día no pavillón ao módico prezo de 3 euros.